Tuesday, October 11, 2022

ESTACIÓNS DE XOGO 2022-2023

 ESTACIÓNS DE XOGO.

O 18 de OUTUBRO comezamos cos xogos os martes e xoves.

ÁNIMO AS MONITORAS E MONITORES DE 5º de E. Primaria!!

Tedes as normas de dos xogos e os carteis no apartado de Estacións de Xogo no blogue.

AGARDAMOS QUE DISFRUTEDES!!!


Tuesday, September 27, 2022

BRIGADAS VERDES

 En outubro damos comezo ás Brigadas Verdes.

As brigadas Verdes son os nenos e nenas encargados/as de supervisar as normas de limpeza do colexio. Están compostas polo alumnado de 4º de EP. Para  a súa identificación levarán un chaleco de cor verde e un cartafol coas listas de todos os alumnos do colexio.

A metodoloxía de traballo será a seguinte:

Todos os nenos e nenas comezarán o curso con 6 puntos que deberán conservar. Se un neno ou nena tira lixo ao chan, a Brigada Verde avísalle educadamente que debe recollelo. Se ao terceiro aviso non o recolle, réstaselle un punto dos 6 cos que conta. Calquera persoa (alumnado e profesorado), debe recoller o lixo do chan se llo indica a Brigada Verde, aínda que non o tirara. Todos e todas debemos manter o colexio limpo. Non se poderá indicar a un mesmo alumno/a que recolla máis de unha vez, a non ser que fose el mesmo que tirara os papeis ao chan. No caso de que o papel ou resto de almorzo estivese sucio ou desfeito, non se mandará recoller.


Consecuencia e recuperación de puntos:

Ao finalizar cada trimestre, se recuperarán os tempos perdidos, dando unha nova oportunidade ao alumnado que perdeu algún. Cando un alumno/a perde todos os seus puntos, sendo consecuente coas súas accións, desenvolverá algunha tarefa en beneficio da comunidade escolar, como por exemplo, recoller durante unha semana todo o lixo que poida estar tirado no patio. Tamén poderá axudar ao conserxe nalgunhas tarefas relacionadas co alumnado de limpeza do centro. Ao rematar cada trimestre cando nunha aula todo o seu alumnado manteña todos os seus puntos, recompensarase cunha estrela ben visible na porta da súa clase, co logotipo de Brigadas Verdes. Ademáis recibirán outros reforzos positivos como poden ser marcapáxinas personalizadas, debuxos relacionados co coidado do medio ambiente, adhesivos, etc.


/Users/elenaarosa/Desktop/DIPLOMA 2.jpg

Wednesday, April 20, 2022

 

NO SEGUNDO TRIMESTRE   AS AULAS RESPONSALBES CO MEDIO AMBIENTE FORON:


 EDUCACIÓN INFANTIL
 
EDUCACIÓN PRIMARIA
 

 
 









Wednesday, March 23, 2022

PROGRAMA DE ECOSUPERVISORES

 

                      


ECOSUPERVISORES DA RECICLAXE

 Unha das actuacións que favorece o coidado do medio ambiente é o “Programa de Brigadas Verdes da RECICLAXE”. A súa finalidade é a de concienciar e responsabilizar a todo o alumnado da importancia de manter limpos os espazos que nos rodean reciclando os residuos, potenciar a conciencia cívica, social e a sensibilidade ecolóxica.

 Os Ecosupervisores da Reciclaxe son os nenos e nenas encargados/as de axudar no proceso de reciclaxe establecido no colexio. Están compostas polo alumnado de 5º de EP, eles e elas serán os/as ECOSUPERVISOR@S e velarán para que a clasificación de residuos sexa a correcta.

En cada aula estará exposto o calendario mensual coas quendas, de xeito que cada VENRES, despois de rematar o seu almorzo e dentro do período establecido, 6 alumnos/as de cada 5º, procederán á recollida dos residuos dos contenedores AMARELOS e AZUIS de cada unha das plantas do centro, e depositalos no contenedor grande para o seu reciclaxe.

O alumnado de 5ºA, recollerá os contenedores de reciclaxe de toda a LIÑA A do colexio, e o alumnado de 5ºB fará o propio coa LIÑA B. Nas quendas establecidas, especificarase o andar adxudicado a cada parella.

Seguindo estas mesmas quendas, os/as ECOSUPERVISOR@S comprobarán cada día despois do almorzo, que o colector de residuos orgánicos de cada aula recolle só o lixo orgánico. Levarase un rexistro e premiarase as aulas que reciclen axeitadamente

Para  a súa identificación levarán un chaleco de cor verde.

Friday, March 18, 2022

8 de Marzo Día Internacional da Muller

Durante esta semana traballamo o Día Internacional da Muller co lema Pídome Igualdade.

As propostas para Infantil e Primaria foron as seguintes:

EDUCACIÓN INFANTIL: AS CORES. CONTO: Un mundo de colores.

1ºCICLO: COME COCOS

2º CICLO: SUMA OU RESTA.

3º CICLO: NON PASES PALABRA































Thursday, February 10, 2022

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 Ademais de traballalo durante toda a semana. Neste día fixemos unhas actividades moi especiais.

Bailamos por grupos a canción ACUARELA DE Toquinho.

e fixemos os seguintes xogos:

EN EDUCACIÓN INFANTIL:

- Cadea unida de aros.

- O paracaídas "todos a unha"


EN EDUCACIÓN PRIMARIA OS XOGOS FORON:
O paracaídas "todos a unha"
Os aros musicais cooperativos.
Cadena unida de aros.



                                            (premede na imaxe para ver o vídeo)

Wednesday, January 19, 2022

NOVOS XOGOS NOS RECREOS

AQUÍ TEDES OS NOVOS XOGOS QUE PLANTEXAMOS PARA ESTE SEGUNDO TRIMESTRE. 

AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!!!