Ola a todas e todos!se pensavades que este ano non iamos ter actividades especiais estades moi equivocados... 😁 o vindeiro martes día 3 de novembro comezamos coas ESTACIÓNS DE XOGOS, todas as propostas están adaptadas as necesidades que plantexa a situación COVID.
Temos en conta que os patios están organizados en zonas independentes para cada un dos cursos. A través desta
iniciativa pretendemos:
· Fomentar a
convivencia entre os nenos e nenas de cada unha das aulas desenvolvendo valores
de respecto e tolerancia.
·
Promover a a
inclusión de todo o alumnado.
·
Estimular
relacións non violentas entre o alumnado.
·
Impulsar as súas
habilidades sociais.
·
Potenciar as
relacións sen ningún tipo de discriminación.
·
Habituarse a
respectar as normas.
E sobre todo, disfrutar dos
compañeiros/as e cos compañeiros/as a través do xogo, sen esquecer que xogar é comunicarse, xogar é
vivir en común, xogar é pois aprender a
convivir.
·
ZONA 1: CATRO
ESQUINIÑAS
·
ZONA 2: A GOMA
·
ZONA 3: BAILE
·
ZONA 4: A COMBA
·
ZONA 5: O
ESCONDITE INGLÉS
·
ZONA 6: A XOANIÑA
e O TRES EN RAIA
Seguirase a rotación de zonas por curso xa establecida
na organización dos recreos, deste xeito o alumnado pasará por todas as
“estacións”. En cada zona haberá un cartel
indicativo do xogo e das normas. O
material necesario para o desenvolvemento dos xogos (xel hidroalcoholico, cordas,
gomas,...), unha vez desinfectado, gardarase nunha cubeta que un mestre/a de
garda na 1º quenda sacará ao inicio do
primeiro recreo e se recollerá ao final da segunda quenda de recreo. A cubeta
co material gardarase no Departamento de
Orientación.
No comments:
Post a Comment