Tuesday, February 11, 2020

XORNADAS ENTRE NÓS

A necesidade de reducir/eliminar os xogos violentos nos tempos de lecer en Educación Infantil,
levounos a valorar a introdución doutro tipos de xogos e dinámicas no patio que favorezan
o cambio de tendencia e deste xeito, dende a prevención, facer dos recreos un tempo de lecer
para todos e todas.
É por isto que, o alumnado de 5º e 6º de E. Infantil, foi acompañado por os nenos e nenas de diferentes cursos de E. Primaria, durante os recreos. Establecemos diferentes xogos clásicos (xoaniña, escondite inglés, roda roda e pasemisí-pasemisá) onde os máis maiores guiaban e participaban xunto aos máis pequenos, participando todos nunhas xornadas de convivencia que tiveron lugar durante a Semana da Paz e a que continuaba a ésta.

Premede na imaxe e veredes un vídeo dos diferentes días dos recreos "Entre Nós".




No comments:

Post a Comment