Thursday, October 29, 2020

AS ESTACIÓNS DE XOGOS

Ola a todas e todos!se pensavades que este ano non iamos ter actividades especiais estades moi equivocados... 😁 o vindeiro martes día 3 de novembro comezamos coas ESTACIÓNS DE XOGOS, todas as propostas están adaptadas as necesidades que plantexa a situación COVID.

Temos en conta que os patios están organizados  en zonas independentes para cada un dos cursos. A través desta iniciativa pretendemos:
·    Fomentar a convivencia entre os nenos e nenas de cada unha das aulas desenvolvendo valores de respecto e tolerancia.
·         Promover a a inclusión de todo o alumnado.
·         Estimular relacións non violentas entre o alumnado.
·         Impulsar as súas habilidades sociais.
·         Potenciar as relacións sen ningún tipo de discriminación.
·         Habituarse a respectar as normas.


 

E sobre todo, disfrutar dos compañeiros/as e cos compañeiros/as a través do xogo, sen esquecer que xogar é comunicarse, xogar é vivir en común, xogar é pois aprender a convivir.

 Durante este 1º trimestre do curso os xogos propostos para cada “estación” son os seguintes:

·         ZONA 1: CATRO ESQUINIÑAS



·         ZONA 2: A GOMA





·         ZONA 3: BAILE



·         ZONA 4: A COMBA



·         ZONA 5: O ESCONDITE INGLÉS



·         ZONA 6: A XOANIÑA e O TRES EN RAIA

 





Seguirase a rotación de zonas por curso xa establecida na organización dos recreos, deste xeito o alumnado pasará por todas as “estacións”. En cada zona haberá un cartel indicativo do xogo e das normas. O material necesario para o desenvolvemento dos xogos (xel hidroalcoholico, cordas, gomas,...), unha vez desinfectado, gardarase nunha cubeta que un mestre/a de garda na 1º quenda  sacará ao inicio do primeiro recreo e se recollerá ao final da segunda quenda de recreo. A cubeta co material gardarase no Departamento de Orientación.

No comments:

Post a Comment