Friday, December 4, 2020

TODOS BAIXO O MESMO PARAUGAS

Esta semana rematamos os traballos sobre o Día das Persoas con Discapacidade, cada clase buscou unha frase que representara o seu pensar sobre a conmemoración deste día e a escribiu nunha pinga de auga. Cada pinga colgouse duns paraugas que colocamos nas entradas das portas de Primaria e Infantil. En Educación Infantil o alumnado decorou a súa figura en papel representando que todos somos diferentes. O resultado quedou así de bonito.



Ademáis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo realizar unha actividade na que o alumnado pintaba un debuxo utilizando a boca en lugar da man, poñéndonos así no lugar doutras persoas.






No comments:

Post a Comment