Wednesday, March 23, 2022

PROGRAMA DE ECOSUPERVISORES

 

                      


ECOSUPERVISORES DA RECICLAXE

 Unha das actuacións que favorece o coidado do medio ambiente é o “Programa de Brigadas Verdes da RECICLAXE”. A súa finalidade é a de concienciar e responsabilizar a todo o alumnado da importancia de manter limpos os espazos que nos rodean reciclando os residuos, potenciar a conciencia cívica, social e a sensibilidade ecolóxica.

 Os Ecosupervisores da Reciclaxe son os nenos e nenas encargados/as de axudar no proceso de reciclaxe establecido no colexio. Están compostas polo alumnado de 5º de EP, eles e elas serán os/as ECOSUPERVISOR@S e velarán para que a clasificación de residuos sexa a correcta.

En cada aula estará exposto o calendario mensual coas quendas, de xeito que cada VENRES, despois de rematar o seu almorzo e dentro do período establecido, 6 alumnos/as de cada 5º, procederán á recollida dos residuos dos contenedores AMARELOS e AZUIS de cada unha das plantas do centro, e depositalos no contenedor grande para o seu reciclaxe.

O alumnado de 5ºA, recollerá os contenedores de reciclaxe de toda a LIÑA A do colexio, e o alumnado de 5ºB fará o propio coa LIÑA B. Nas quendas establecidas, especificarase o andar adxudicado a cada parella.

Seguindo estas mesmas quendas, os/as ECOSUPERVISOR@S comprobarán cada día despois do almorzo, que o colector de residuos orgánicos de cada aula recolle só o lixo orgánico. Levarase un rexistro e premiarase as aulas que reciclen axeitadamente

Para  a súa identificación levarán un chaleco de cor verde.

No comments:

Post a Comment