Tuesday, September 27, 2022

BRIGADAS VERDES

 En outubro damos comezo ás Brigadas Verdes.

As brigadas Verdes son os nenos e nenas encargados/as de supervisar as normas de limpeza do colexio. Están compostas polo alumnado de 4º de EP. Para  a súa identificación levarán un chaleco de cor verde e un cartafol coas listas de todos os alumnos do colexio.

A metodoloxía de traballo será a seguinte:

Todos os nenos e nenas comezarán o curso con 6 puntos que deberán conservar. Se un neno ou nena tira lixo ao chan, a Brigada Verde avísalle educadamente que debe recollelo. Se ao terceiro aviso non o recolle, réstaselle un punto dos 6 cos que conta. Calquera persoa (alumnado e profesorado), debe recoller o lixo do chan se llo indica a Brigada Verde, aínda que non o tirara. Todos e todas debemos manter o colexio limpo. Non se poderá indicar a un mesmo alumno/a que recolla máis de unha vez, a non ser que fose el mesmo que tirara os papeis ao chan. No caso de que o papel ou resto de almorzo estivese sucio ou desfeito, non se mandará recoller.


Consecuencia e recuperación de puntos:

Ao finalizar cada trimestre, se recuperarán os tempos perdidos, dando unha nova oportunidade ao alumnado que perdeu algún. Cando un alumno/a perde todos os seus puntos, sendo consecuente coas súas accións, desenvolverá algunha tarefa en beneficio da comunidade escolar, como por exemplo, recoller durante unha semana todo o lixo que poida estar tirado no patio. Tamén poderá axudar ao conserxe nalgunhas tarefas relacionadas co alumnado de limpeza do centro. Ao rematar cada trimestre cando nunha aula todo o seu alumnado manteña todos os seus puntos, recompensarase cunha estrela ben visible na porta da súa clase, co logotipo de Brigadas Verdes. Ademáis recibirán outros reforzos positivos como poden ser marcapáxinas personalizadas, debuxos relacionados co coidado do medio ambiente, adhesivos, etc.


/Users/elenaarosa/Desktop/DIPLOMA 2.jpg

No comments:

Post a Comment