PROGRAMA " ALMORZOS RESIDUO CERO"
Dende Teachers for Future Spain, invítannos a participar no programa "ALMORZOS RESIDUO CERO". Dito programa consiste en motivar ao alumnado para que nos seus almorzos ou merendas non teñan residuo, o sexa o mínimo posible. Para isto deberán empregar envases retornables coma fiambreiras para sólidos e cantimploras para o auga a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases de un só uso coma plásticos, papel de aluminio, etc.
Tendo en conta que a primeira "R" da ecoloxía é a REDUCIÓN, os docentes temos un papel importante incentivando a redución de residuo dunha forma sinxela .
OBXECTIVOS
Acadar o Residuo “0” nos recreos do CEIP PLURILINGÜE PINTOR LAXEIRO.
Concienciar á comunidade escolar da necesidade de “REDUCIR” os residuos que xeramos.
Incentivar o uso de envases reutilizables: bolsas de tea, fiambreiras, cantimploras,...
Xeneralizar esta acción fora da escola, sendo conscientes de que os residuos contaminan e de que nós podemos reducir o seu impacto.
No comments:
Post a Comment